Volver á paxina principal

Oficina virtual: Trámites

Reserva de Instalacións Deportivas: Pistas de Tenis, Frontón, Squash e Padel

O Instituto Municipal de Deportes do Concello de Vigo pon a disposición de todos os cidadáns as seguintes instalacións deportivas para a práctica do tenis, frontón, frontenis, squash e padel:

Tenis:

Instalación deportiva de Samil: 12 pistas o aire libre.

Frontón e Frontenis:

Complexo deportivo das Travesas: 5 frontóns exteriores e 1 frontón cuberto.

Squash:

Complexo deportivo de Balaídos: 6 pistas.

Piscina do Carme (Travesas): 3 pistas.

Piscina de Lavadores: 2 pistas.

Instalación deportiva do Berbés: 1 pista.

Padel:

Instalación deportiva de Samil: 3 pistas.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Presencialmente

Para a utilización das instalacións deportivas municipais é necesaria a reserva das mesmas e o pago do prezo público correspondente (ver Ordenanza).

Reserva das instalacións: A instalación poderá reservarse o mesmo día ou con 24 horas de antelación, telefónica ou persoalmente, por rigoroso orde de recepción da petición (de xeito alternativo).

Reserva anticipada:

A instalación poderá reservarse dende o día anterior atendendo ó seguinte horario.

Tenis e pádel: de 10:00 a 21:00 horas.

Frontón-Frontenis: de 11:00 a 21:00 horas.

Squash: de 12:00 a 21:00 horas.

Estas reservas anticipadas, poderán facerse nas oficinas do IMD ubicadas no Pavillón Central das Travesas de acordo co anterior horario.

Unha vez realizada a reserva, abonarase o prezo público correspondente sempre antes das 21 horas do mesmo día da reserva; caso de non o facer, procederase á anulación do dereito de reserva.

Para a reserva realizadas os venres, sábados e vísperas de festivos, poderase coller número na conserxería do Pavillón Central unha hora antes do horario de reserva.

Reserva no mesmo día:

Esta reserva poderase realizar directamente na instalación que se pretenda usar; o usuario disporá dunha hora para realizar o pagamento do prezo público; caso contrario, procederase á anulación do dereito de reserva.

Por teléfono

Poderase facer a reserva anticipada e reserva no mesmo día, cos mesmos requisitos que presencialmente, nos teléfonos abaixo indicados.

Reserva de instalacións con bono:

Existen uns bonos deseñados para favorecer o proceso de pagamento. Deste xeito o usuario, na reserva anticipada e na reserva no mesmo día, non terá que desprazarse ata a instalación para realizar o pagamento. A través dunha chamada e dando a clave do bono queda paga automaticamente a instalación de xogo reservada; no momento do uso deberase presentar o tiquet do bono.

A compra do bono realizarase nas oficinas centrais do IMD en horario de mañá (9 a 14 horas), e na conserxería do pavillón central en horario de tarde (de 16 a 21 horas).

O bono ten unha validez de 10 reservas e unha caducidade de seis meses, e deberá usarse exclusivamente para o que foi contratado.

Teléfonos de Reserva:

Pavillón Central: 986 23 99 97

Instalación deportiva de Samil: 986 24 15 79

Instalación deportiva do Berbés: 986 20 41 49

Complexo deportivo de Balaídos: 986 29 32 08

Piscina do Carme (Travesas): 986 29 54 44

Piscina de Lavadores: 986 26 47 44

Observacións

Número de Horas de Reserva de Pistas:

Dous xogadores: Soamente se poderá reservar unha hora. Aqueles que queiran xogar dúas horas seguidas, soamente poderán realizalo se ó finalizar a hora en que estiveron xogando queda algunha pista baleira. Para iso terán que dirixirse á conserxería da instalación.

Catro xogadores: Poderán reservar como máximo dúas horas seguidas.

Non poderán alugarse pistas para impartir clases a nivel particular. O persoal responsable da instalación poderá suspender a actividade se detecta que se está a vulnerar esta ou outra norma.

No interior da instalación só poderán estar os xogadores e xogadoras que van desenvolver a actividade, non superando o número máximo permitido polo xogo e tarifa pagada.

Anulación de Reservas:

En caso de anulación dunha reserva xa aboada en instalacións ó aire libre, o IMD emitirá un vale de incidencias, polo número de horas pagas, sempre e cando as causas de anulación sexan alleas ó usuario. Este vale de incidencias será entregado na instalación correspondente da reserva. O usuario ou usuaria deberá confirmar unha nova hora de uso.

Cando a reserva se efectuase a través do BONO, a solicitude de anulación farase exclusivamente na instalación correspondente da reserva.

Estas anulacións soamente poderán ser efectivas 20 minutos antes da utilización da pista reservada.

Outros:

- No precio dos bonos non está incluido o suplemento da luz.

- Para o acceso ás instalacións deberá presentar o bono de usuario, co carné de identidade, o corrente de pago, ou pagar a correspondente entrada.

- Os distintos prezos públicos dan dereito a utilizar a pista a un número determinado de xogadores. En ningún caso poderá sobrepasar o mesmo.

- Non deixar obxetos de valor nos vestiarios (o IMD non se responsabiliza dos roubos o perdas).

- Utilizar o calzado axeitado para cada unha das modalidades deportivas.

- O usuario poderá acceder ás instalacións 15 minutos antes da actividade e deberá abandonalas 20 minutos despois.

- O IMD recomenda a todas as persoas que fan deporte, sobre todo a aquelas que o fan moi esporádicamente, a realización dun recoñecemento médico.

- A dirección do IMD reservase o dereito de modificar a presente normativa, sen previo aviso, por necesidades do servizo.

Oficinas

  • Instituto Municipal dos Deportes

    Avda. de Castrelos 1

    Horario: De 8:30 a 13:00 horas do 15 de Xuño ata o 15 de Setembro.
    De 9:00 a 13:30 horas o resto do ano.

Normativa Municipal