Volver á paxina principal

Oficina virtual: Trámites

Exención do Prezo Público da Escola Municipal de Música

Trámite para quedar exento do pago da matrícula e mensualidades pola prestación do servizo da Escola de Música Municipal.

A quen está dirixido

1. Estarán exentos dos Prezos Públicos, regulados na correspondente Ordenanza, os membros de familias con ingresos brutos anuais per capita inferiores a cantidade establecida na Ordenanza. A titularidade de Bens Inmobles de Natureza Urbana, a excepción da vivenda na que residen, non deberá superar un valor catastral total do importe establecido na mesma Ordenanza.

Para o disfrute desta exención dictarase resolución da Concellería de Economía e Facenda establecendo o procedemento así como a documentación necesaria que acredite o cumprimento da condición anterior.

2. No caso de que os/as seleccionados/as para a Escola Muncipal de Teatro e a Escola Municipal de Música pertencesen a familias numerosas que conten con ingresos brutos anuais, per capita, no exercicio da solicitude inferiores o importe establecido na Ordenanza, quedarán eximidos do pagamento destes prezos públicos.

Para a determinación dos ingresos brutos anuais, per capita, ós exclusivos efectos desta exención, dividiranse os ingresos brutos computables a efectos do IRPF de tódolos membros da familia entre o número daqueles. Nos casos excepcionais –por razón de minusvalía- de familias numerosas con dous fillos, computaranse tres fillos en lugar de dous a efectos do cálculo do rendemento bruto per capita.

Como facelo

Presencialmente

Entregando o impreso cuberto de solicitude no Rexistro Xeral do Concello xunto coa documentación requerida.

Prazos

Solicitarase unha vez formalizada a matrícula.

Documentación requirida

  • Para Familias Numerosas
    • Libro de Familia
      Vixente a 1 de xaneiro do exercicio en que deba surtir efectos a
      exención. (Fotocopia)
  • Xeral
    • Documentación Acreditativa
      Documentación que acredite o cumprimento da condición do punto 1 anterior.

Normativa Municipal

Trámites relacionados