Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

Servizo municipal de información e asesoramento ás mulleres adscrito á Concellería de Igualdade, no que se promove unha intervención pluridisciplinar e integral dende unha perspectiva de xénero, desenvolvendo ao mesmo tempo programas específicos de apoio e atención ás vítimas da violencia.

O Centro é atendido por un equipo de profesionais composto por unha psicóloga, unha avogada, unha traballadora social e unha administrativa.

É a vía de entrada ao Servizo de Atención Domiciliaria á Infancia (SADI), así como ao Centro de Emerxencia para vítimas de violencia de xénero.

A quen está dirixido

Como facelo

Por Internet

Para acceder aos diferentes programas deberá poñerse en contacto co centro para solicitar unha cita.




Presencialmente

Para acceder aos diferentes programas deberá poñerse en contacto co centro para solicitar unha cita.

R/ Romil 20 - 36203 Vigo

Por teléfono

Para acceder aos diferentes programas deberá poñerse en contacto co centro para solicitar unha cita.

986 293 963

Observacións

Programas xerais:

• Programas de información e asesoramento xurídico, social e psicolóxico.

• Servicio Municipal de Atención Domiciliaria da Infancia: consiste no coidado de nenas/os menores de 12 anos cando a nai deba ausentarse, de forma que non queden soas/os.

Programas dirixidos a mulleres vítimas da violencia:

• Programa de asistencia psicolóxica especializada: asesoramento, intervención en crise, terapia individual, terapia grupal e terapia familiar.

• Programa de asesoramento e apoio social: información, orientación e asesoramento acerca de recursos de aloxamento e/ou acollemento, recursos educativos, recursos e prestacións socio-económicas, escolarización e coidado das fillas e fillos, información e derivación a recursos de emprego, recursos e apoio social e de saúde.

• Programa de asesoramento xurídico: asesoramento en todo tipo de consultas penais, de dereito e de familia. Asesoramento e seguimento nos procesos penais e de familia. Asistencia nas xestións xurídicas que procedan.

• Programa de atención psicolóxica a fillas/os menores de vítimas de violencia de xénero: atención psicolóxica especializada a menores entre 6 e 17 anos, fillas/os de mulleres vítimas de violencia de xénero.

• Programa de acollemento e protección para mulleres vítimas de violencia de xénero: O CIM é a vía de entrada para o Centro de Emerxencias para mulleres en situación de violencia de xénero, que ofrece acollemento e protección de urxencia a mulleres e fillas/os que precisen abandonar a súa vivenda. Ademais, o Concello de Vigo conta con 3 vivendas de protección e acollemento temporal, dirixidas a mulleres que, tras o seu paso polo CEMVI, continúen necesitando apoio e protección ata conseguir a súa total autonomía.

• Programa de axudas económicas municipais para vítimas de violencia de xénero: axudas económicas de carácter urxente e non periódico, para facer fronte a necesidades derivadas principalmente da violencia de xénero no proceso de ruptura co agresor.

• Solicitude do Servizo ATENPRO: servizo que consiste no préstamo dun dispositivo móbil que ofrece atención inmediata en situacións de emerxencia os 365 días do ano 24 horas do día. Dirixido a persoas que interpuxeran denuncia por violencia de xénero contra a súa parella ou exparella e non convivir co agresor.

• Teléfono 24 horas 986 293 963: atendido as 24 horas do día por persoal especializado, ofrece información inmediata e precisa sobre recursos de acollemento e protección de urxencia, así como información urxente sobre recursos legais e sociais dirixidos a vítimas de violencia de xénero y apoio e contención en situacións de angustia.

Oficinas

  • Centro Municipal de Información dos Dereitos da Muller

    R/ Romil 20 36203 Vigo

    Teléfono: 986 293 963 Fax: 986 201 153

    Email: info.muller@vigo.org

    Consulta xurídica on-line: osnososdereitos.muller@vigo.org

    Horario: Luns a venres de 8.30 a 14.30
    Xoves de 8.30 a 14.00 e de 15:00 a 18:00
    Desde o 15 de xuño ao 15 de setembro:
    Luns a venres de 8.30 a 13.30
    Xoves de 8.30 a 13.30 e de 15.00 a 17.00

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información