Bonificación do 90% ou 50% do Imposto de Bens Inmobles (IBI) - Familia numerosa

Terán dereito a unha bonificación do 90% ou 50% da cota íntegra do imposto os suxeitos pasivos –pai, nai ou titor- titulares de familia numerosa, relativa á vivenda que constitúa a residencia habitual da familia.

A quen está dirixido

Pai, nai ou titor titulares de familia numerosa, respecto á vivenda que constitúa a residencia habitual da familia e sempre e cando cumpran a seguintes condicións:

a) Se os importes brutos anuais dos membros da familia numerosa, no exercicio fosen inferiores a 6.223 €, a bonificación será do 90%.

b) Se os ingresos estiveran entre 6.224 € e 7.955 €, a bonificación será do 50%.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Cubrindo a solicitude en documento regulamentado e entregalo, xunto coa documentación requirida, nas oficinas do I.B.I.

Prazos

Esta bonificación concederase para cada exercicio, debendo solicitala os suxeitos pasivos antes do 31 de decembro.

Documentación requirida

Oficinas

  • Oficina do I.B.I. Concello de Vigo Administración de Tributos - Departamento de I.B.I. Planta Baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo Teléfono: 986 810 116 / 986 810 100 Extensión 1347

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información