Volver á paxina principal

Oficina virtual: Trámites

Alta no Padrón Municipal de Habitantes

O Padrón é o rexistro que acredita a residencia e o enderezo dos veciños do municipio para todos os efectos administrativos.

A quen está dirixido

Toda persoa que viva en España ten a obriga de inscribirse no padrón do municipio onde reside habitualmente.

Este trámite vai dirixido a persoas que viven en España procedentes doutro municipio ou país e persoas que non estivesen empadroadas con anterioridade.

Como facelo

Presencialmente

1. Cumprimentar a Folla de Inscrición / Modificación do Padrón de Habitantes (Disponíbel nesta páxina e na oficina de Estadística do Concello).

2. Entregala no Concello coa documentación requerida.

INSTRUCCIÓNS PARA CUMPRIMENTAR A FOLLA DE INSCRICIÓN:

- Escriba con pluma ou bolígrafo e en letras maiúsculas. Indique con claridade tódos os datos que corresponden a cada unha das persoas que se inscriben na folla.

- Non encher os recadros sombreados.

- Se se trata da inscrición dunha persoa que non estivera empadroada con anterioridade en ningún municipio indique no recadro do municipio de procedencia: NINGÚN. Do mesmo xeito cumprimentarase este recadro para a inscrición de nenos acabados de nacer.

- Se solicita a inscrición por traslado de residencia, indique no recadro correspondente o municipio e a provincia de procedencia. Se procede do estranxeiro indique o país e, se é o caso, o Consulado español onde estaba inscrito.

- A folla cumprimentada será asinada por todos os maiores de idade que se inscriban (polos menores asinan a nai e o pai ou titor legal). Se se incorporan novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado, amáis terá que asinar a autorización das novas inscricións, algunha persoa maior de idade que xa figurara inscrita na folla (recadro persoa que autoriza).

- Encha o recadro "Número total de persoas inscritas nesta folla", para garantir a inalterabilidade dos espacios que puidesen quedar en branco.

- Se ten algunha dúbida seralle resolta no intre de presentar a folla no seu Concello.

Documentación requirida

  • Folla de Inscrición ou Modificación no Padrón Municipal
  • Baixa Consular
    Traer o documento ORIXINAL
    Para españois procedentes do extranxeiro.
  • Documento que acredite a identidade das persoas inscritas
    (Traer o documento ORIXINAL) e, se é o caso, da persoa que autoriza novas inscricións nunha folla xa existente:
    - Cidadáns membros da Unión Europea e asimilados, OBRIGATORIO o número de inscripción no Rexistro Central de Estranxeiros.
    - D.N.I. (imprescindíbel maiores de 16 anos)
    - Pasaporte
    - Tarxeta de estranxeiro
    - Libro de familia para os menores de 16 anos.
    - Para os menores de 16 anos procedentes do estranxeiro que no seu pasaporte non figuren os nomes dos pais, terán que aportar unha partida de nacemento ou libro de familia do seu país.
  • Documento que acredite a ocupación da vivenda
    Traer o documento ORIXINAL.
    Escritura da propiedade, contrato de arrendamento, contrato ou recibo actual expedido pola Compañía subministradora de teléfono, auga,gas, electricidade, etc.
    Este documento non é preciso no caso de incorporación de novos habitantes a un grupo familiar xa empadroado.

Observacións

- Os que vivan en máis dun municipio inscribiranse no que residan durante máis tempo ó ano.

- O veciño ten dereito a coñecer a información que consta no Padrón sobre a súa persoa e a esixir a súa rectificación cando sexa errónea ou incorrecta.

- A presentación da folla de inscrición / modificación cumprimentada no Concello implica a súa conformidade para actualizar o Censo Electoral en consonancia cos datos reflectidos nela.

Oficinas

  • Estatística - Vivendas

    Concello de Vigo
    Planta Baixa - Praza do Rei nº1
    36202 - Vigo
    Teléfono: 986 810 132

    Horario: Expedición de números de 9 a 12:30.

Lexislación relacionada

Trámites relacionados